¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Panificadora ou edificio Bandeira, mellor facultades

É unha proposta da Frente Popular Galega. Teñen as cousas claras: aposta polo paulatino traslado da Universidade de Vigo desde o campus nas Lagoas-Marcosende ao centro da cidade, aproveitando os espazos valeiros nas cidades, como naves industriais ou edificios ruinosos e históricos valeiros. A idea sería conseguir mediante a cesión, compra, promoción e rehabilización destes centros para logo transformalos nas distintas facultades que agora están no campus e darlle así á cidade un carácter universitario.

O exemplo a seguir, o da ETEA, que acadou «o título de Excelencia Europea, que nós valoramos moi positivamente e que serve para rematar co aillamento interesado desde a súa concepción franquista co fin de que o estudantado ficase á marxe da sociedade». A pesares de non ser unha competencia exclusiva do Concello, a FPG propón unha colaboración total ata acadar o traspaso, ademais de empregar as instalacións do campus para as facultades de Enxeñaría Forestal e Ambiental e para a creación dunha colonia agrícola integrada nos montes comunais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.