¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Mensaxe do BNG ás mulleres: retroceder, nin para coller impulso

Anos de “bregar” para acabar con recurtes en igualdade no Goberno autonómico, medidas como a Lei da Familia ou a desaparición do Ministerio de Igualdade. Coa xente sensibilizada pola morte de Gloria Garcia a mans do seu ex mozo en Noia, o BNG aproveitou para presentar unhas medidas de igualdade que pasan por apostar polo emprego feminino, a implantación dun plano de corresponsabilidade e a posta en marcha progresiva de “orzamentos sensibles ao xénero, calculando o impacto das distintas políticas por áreas na igualdade de xénero”.

Os nacionalistas fixeron un chamamento á votación o vindeiro domingo 22 de maio para “non perder ningún dos dereitos adquiridos”, xa que en tempos de crise a muller é a principal afectada, xa que é a primeira en perder o seu posto de traballo, segundo os nacionalistas.

También te puede interesar