¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Caballero pide o voto para “non volver a estar ás ordes de Santiago ou de Coruña”

“Somos a candidatura da defensa de Vigo, da eficacia e a transparencia”
Deste xeito, Abel Caballero pediu esta noite o voto a todos os vigueses para que Vigo siga avanzando. “Hoxe comeza unha campaña electoral decisiva, na que nos xogamos moito. Nos próximos catro anos é preciso continuar o traballo iniciado, acadamos unha velocidade de cruceiro e non podemos permitir que ninguén nin nada nos free” destacou.
Caballero pediu o voto para seguir consolidando a transformación da cidade, para seguir levando as humanizacións a todos os barrios da cidade e para seguir facendo de Vigo unha cidade respectada.
“Nestes catro anos puxemos a Vigo no mapa defendendo os intereses da cidade. Non podemos dar marcha a atrás para volver a estar ás ordes de Santiago ou de Coruña” asegurou.
Abel Caballero sinalou que estas eleccións son decisivas para que Vigo siga contando cun goberno solvente, eficaz e riguroso. “O 22 de maio temos que votar para que Vigo gañe, para que Vigo avance. Temos que votar para dicir Vigo Sí. Vigo Sí pode ser un referente en Galicia, Vigo Sí pode ter AVE directo, Vigo Sí pode ter un Gran Auditorio, Vigo Sí pode ter un gran aeroporto…” afirmou.
“Somos a candidatura da defensa de Vigo, da eficacia e a transparencia, a candidatura da xente corrente. A candidatura que defende os intereses dos vigueses, que aposta pola xeración de emprego e polos servizos públicos. A candidatura da xente” asegurou.

También te puede interesar