Deportes

Os tres galegos, fóra da loita polas medallas no Mundial de Corea

Fani Hernández caeu na segunda ronda.
Fani Hernández caeu na segunda ronda.

Non houbo sorte desta vez. Andrea Rica, Fani Hernández e José Antonio Carregal non poderán loitar por traer unha das medallas do Mundial Absoluto de Corea para casa. Os tres taekwondistas galegos non puideron superar as fases previas para a loita polos primeiros postos a pesar das enormes ganas, ilusión e preparación coas que acudían.

Andrea Rica conseguiu superar as dúas primeiras eliminatorias, pero caíu na terceira ante a francesa Marlene Harnois por un contundente 0-7. Mentres, Estefanía Hernández caeu na segunda ronda ante a china Lin Jo Wei por 9 a 3. O que peor sorte correu foi José Antonio Carregal, que xa caeu na primeira eliminatoria ante o grego Michailidis por 5 a 10.

También te puede interesar