¡Que se curren tu voto! Comarcas

O PSOE de As Neves presenta oficialmente a súa candidatura para as Municipais

O PSdeG-PSOE de As Neves ven de presentar a lista coa que afrontará ó vindeiro 22 de Maio o reto de acadar a Alcaldía do concello. O acto celebrouse no Centro Social da 3ª idade, contando cunha gran afluencia de público cercana ó centenar de persoas.

No acto interviron Rocío Bernardez, secretaria provincial de medio ambiente do PSdeG, quen valorou os poucos cambios experimentados por este concello nos últimos 15 anos, e a necesidade de que se exploten os recursos naturais cos que conta As Neves, sin esperar a que cheguen proxectos que “caian do ceo e acaben coa despoboación que se está a sufrir ano tras ano”.

Pablo Pregal, secretario xeral da agrupación, e Nº 2 da candidatura, encargouse de enfatizar a importancia que teñen estas eleccións para os veciños, posto que” nestes comicios é onde se elixe á xente que xestiona as cousas que nos afectan no día a día, tales como as garderías, o saneamento, as carreteras, ou centro de saúde”.

Pregal criticou ás presións que sofren as persoas que integran a lista dos socialistas, o que as honra á hora de implicarse, posto que o fan co ánimo de mellorar as cousas e facer que o seu concello sea mellor e máis habitable, sen un interese particular.

Según Pregal, o PP que goberna Xunta, Deputación e Concello, non fixo ninguha inversión no concello de As Neves nos últimos 4 anos, sendo os únicos cartos que chegaron ó concello, aqueles que destinou o goberno central a través do Plan E.

Eduardo Mariño, candidato á Alcaldía, fixo unha explicación somera dos principais puntos do programa socialista, como son establecer un plan integral de transportes entre parroquias e concello, arranxar todas as estradas e camiños de titularidade municipal, solucionar as carencias que ten o centro de saúde, acabar coas dedicacións exclusivas que non se necesitan e axudar a aquelas persoas que teñen limitacións e os servizos sociais do concello teñen esquencidas.

Mariño agradeceu a confianza que deposita nel a agrupación de As Neves, así como os membros cos que comparte lista, ós que foi presentando un a un.

 

También te puede interesar