Deportes Galicia

O baloncesto toma a cidade

O Seis do Nadal SD Navia, gañador da categoría masculina serie A.
O Seis do Nadal SD Navia, gañador da categoría masculina serie A.

Cuarta edición do Torneo Internacional Cadete ‘Coia, núcleo de baloncesto en Vigo’, organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia que reuniu no Pavillón Municipal de Balaídos a 18 equipos con máis de 250 deportistas e 40 técnicos. En total 3 categorías que encheron a cidade de baloncesto do bo durante a pasada Semana Santa.

Na categoría cadete masculina serie A o anfitrión, o Seis do Nadal SD Navia proclamouse campión entre os seis equipos que participaron: o propio Seis do Nadal SD Navia (Vigo), Agustinos León (León), Básquet Coruña (A Coruña), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo), Ourense Capital Termal (Ourense) e C.B. Navia (Asturias). O encontro final, contra o Agustinos Eras León, foi de infarto, xa que se chegaba ao descanso cunha vantaxe de 13 puntos a favor dos leoneses. Foi no último período onde os vigueses conseguían superar ao Agustinos León cunha pequena vantaxe que foi aguantada ata o final do encontro (58-54).

A categoría feminina decantouse a favor do Carmelitas de Ourense, que venceu aos outros cinco equipos participantes: Pabellón Ourense (Ourense), GDG Basquetebol (Gafanha), CPN Basquetebol (Oporto) e o C.B. 6,25 (Ponferrada). A final enfrontou ao equipo ourensano co Seis do Nadal, un encontro moi axustado que acabou cun 32-37 que o Carmelitas amarrou con forza ata o final.

Na categoría masculina serie B, o título marchouse para Portugal, xa que o vencedor foi o GD Gafanha, que revalidou título. De novo seis conxuntos pelexando pola victoria (Seis do Nadal “A”, Seis do Nadal “B”, GDG Basquetebol, Eduardo Blanco Amor, Colexio Apóstol e Marín Peixegalego). O cruce final enfrontou aos lusos co Eduardo Blanco Amor nunha final dominada desde o prinicipio do encontro polo combinado portugúes.

También te puede interesar