¡Que se curren tu voto!

O centro de emerxencia social, vella promesa para as novas eleccións

O benestar social como eixo fundamental da campaña dos nacionalistas de Vigo. Aínda que cunha vella reivindicación da cidade: un centro de emerxencia social. O BNG quere poñer en marcha este centro para persoas sen teito, unha vella loita da cidade na que a Gota de Leite foi o campo de batalla. Ademais, propón xantar na casa para o 100% dos solicitantes e un ratio de un traballador social por cada 8.500 habitantes coa posta en marcha de 3 novos centros en Lavadores, Navia e Castrelos.

Con estas iniciativas, o BNG quere enfatizar «o compromiso dos nacionalistas co Benestar Social«, para o que prevén aumentar o orzamento municipal e chegar ata o 8%, aínda que a longo prazo, en 2015. «Fomos quen de duplicar os orzamentos destinados a políticas sociais, alcanzando os 10 millóns de euros no último orzamento«, explicou Santi Domínguez, candidato nacionalista á alcaldía de Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.