Comarcas Galicia

As Neves está para chuparse os dedos

Mel e requeixo a esgalla. É do que xa puideron desfrutar as miles de persoas que están desfilando pola ‘Festa do Requeixo e da Mel’ que, como cada Venres Santo, As Neves vén celebrando dende hai 20 anos. Nin a choiva, que está a augar a festa a máis dun esta Semana Santa, puido evitar que as rúas da vila se enchera de xente desfrutando do completo programa de actividades para a toda a familia.

Aínda que a festa arrancou ás 10:30 horas con pasarrúas, o pregón non chegou ata mediodía. Carmen Pardo, secretaria xeral de Turismo, desculpou a súa presenza por motivos persoais, pero alí estaba para recoller o testemuño o seu compañeiro, José Manuel Cores Tourís, delegado da Xunta en Pontevedra, que quixo recordar a importancia de por en valor os produtos da terra, algúns tan sinalado coma o leite, e as cooperativas agrarias, eixo fundamental da economía da zona.

En total, máis de 6.000 racións para as preto de 10.000 persoas que ao longo do día pasarán por As Neves para chuparse os dedos, xa que pola tarde haberá Festa Infantil e ás 19 horas unha nova degustación con requeixo e mel acompañado con viño de Rubiós. Un diálogo entre gastronomía, cultura, deporte e festa que non deixará impasible a ninguén.

José Manuel Cores Tourís deu o pregón.
José Manuel Cores Tourís deu o pregón.

También te puede interesar