Comarcas

Amantes da Natureza descobren a Ruta Circular Vila de As Neves

Os amantes da natureza disfrutaron co percorrido da Ruta Circular Vila de As Neves, un dos actos centrais da Festa do Requeixo con Mel, e cubriron 18 kilómetros camiñando por algunhas das paraxes máis hermosos da provincia. A ruta, que saiu e rematou na Praza Maior, discurriu polo Sendeiro do Río Miñoentre as augas do Río Miño e as vías do ferrocarril”, un paraxe que se caracteriza pola diversidade vexetal e a singularidade dos elementos etnográficos.

As ruínas da Casa da Barca, antigo posto fronteirizo dende o que controlábase o estraperlo con Portugal, que xunto co resto do sendeiro participa no proxecto europeo Rede Natura 2000 e que abrangue un tramo do río no que aínda viven especies tan pouco frecuentes coma a lamprea ou o salmón.

Preto, en Portomaior, foi localizado recentemente un Xacemento do Paleolítico Inferior, onde apareceron, lascas enteiras, bifaces, denticulados, perforadores, fendedores e triedros de cuarzo e cuarcita. Os camiñantes tamén poideron disfrutar das Esculturas de Redondelo ou a Lagoa de Setados, na desembocadura do Termes no Miño, no que había un tipo de galápagos moi pouco común: o sapoconcho , que hoxe está en perígo de extinción.


 

You may also like