Destacados Vigo al día

Visita todo Vigo sen baixar do autobús

Máis de 5.700 persoas o empregaron a pasada Semana Santa para poder botarlle un ollo rápido á cidade, un 8% máis que en 2009. Por iso, tralo éxito acadado, o bus turístico volta saír á rúa esta Semana Santa. O servizo estará operativo entre o 16 e o 24 de abril con catro frecuencias diarias que se poderán consultar facendo click aquí. En total, dúas horas de percorrido pasando polos puntos máis significativos da cidade, como o centro, Castrelos ou as praias.

Renovado hai tres anos, o vehículo incorpora tecnoloxía punteira coa que facer as viaxes máis cómodas aos turistas. Con capacidade para 78 prazas, conta con dúas alturas, 263 cabalos de potencia, aire acondicionado e calefacción, capota corredoira no piso superior e unha plataforma baixa e rampa de acceso para persoas con mobilidade reducida.

Os prezos dos billetes, case como hai 10 anos, cando arrincou o servizo: 7,50 euros para os maiores de 15 anos, 4 euros para rapaces de 5 a 14 anos e de balde para os menores de 5.

También te puede interesar