Vigo al minuto

Adeus ríos, hola fontes

“Teremos un novo centro aquí”. Eso asegurou hoxe o alcalde que, cumprindo co anunciado aos xornalistas na comida que mantivo con eles hai uns días, vistou, maila á Lei Electoral, as obras de humanización de Aragón con Jenaro de la Fuente. Abel Caballero salientou que esta actuación é das de mellor calidade que se fixeron na cidade e que abrangue a urbanización de medio quilómetro de rúa, o asfaltado de 7.000 metros cadrados e case que 50 metros lineais de xardineiras.

A todo elo únense tres novas fontes “que marcarán unha diferencia notable” e que, cando estén rematadas sumaránse á da Gran Vía, na que xa se fixeron probas onte, coma adiantou vigoalminuto.


 

También te puede interesar