Ciencia y Tecnología Galicia

Vigo acaba coa proba da tuberculose tras un século de vida

Propón un método alternativo: unha sinxela análise de sangue, que ademais proporciona unha maior especificidade nos resultados obtidos. Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e do Complexo Hospitalario de Pontevedra avalían unha alternativa á proba de Mantoux, en vigor dende hai 100 ano, que require unha inxección intradérmica e ao menos dúas visitas médicas para avaliar o grao de induración. Un descubrimento moi importante en Galicia, a comunidade autónoma con maior prevalencia de tuberculose non relacionada co SIDA.

Outro dos aspectos destacados é que se aumenta a privacidade, xa que a proba de Mantoux a zona da pen onde se puxo a inxección, normalmente o brazo, ponse vermella e endurécese. O estudo está coordinado pola catedrática viguesa África González, que traballou cóbado con cóbado con Carlos Villaverde e con Luis Anibarro, especialista en Medicina Interna do CHOP.

O problema, o custe

Publicado en revistas como a ‘European respiratory Journal’, o estudo demostra por primeira vez que é necesario esperar un período de tempo tras o contacto coa persoa infectada para que a proba resulte positiva, “o que se denomina período ventá”, e que ese espazo temporal pode ser incluso máis curto ca o necesario para a positivización da proba da tuberculina. Pero o maior custe da proba e a súa novidade ralentiza a súa implantación hospitalaria.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.