O VigoZoo ven de asinar un convenio de colaboración coa ONG Coopera, adicada a desenvolver distintos proxectos de conservación nos que se atopa a xestión do Santuario de Primates de Lwiro, na República Democrática do Congo.

A participación de Vigozoo en proxectos de conservación é unha das prioridades da entidade, ben desenvolvendo programas de cría «in situ» ou ben achegando fondos para desenvolver proxectos similares aos levados a cabo na República Democrática do Congo. De feito o director executivo da ONG, David Chimeno, estivo en Vigo onde valorou a importancia do traballo que están a levar a cabo para a protección da biodiversidade do país.

O Santuario está dirixido pola prestixiosa veterinaria española Carmen Vidal e a súa misión é brindar a mellor atención posible aos primates orfos da zona de Kivi Sur traballando na protección destas especies e da súa biodiversidade. A ferramenta principal é a educación e o seu obxectivo é reintroducir o meirande número de individuos posibles no Parque Nacional Kahuzi-Biega, ao leste da República Democrática do Congo.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.