Comarcas Galicia

Renovarse ou morrer… na loita pola alcaldía

Unha lista consensuada en asamblea, coa renovación e maior compromiso dos aspirantes a concelleiros e na que todas as parroquias de Salvaterra teñen un representante. Así se presenta o PSOE salvaterrense na carreira cara a alcaldía, co secretario xeral José Luis Fernández Piñeiro á cabeza.

Catro membros das Xuventudes Socialistas para dar frescura e xente de todos os ámbitos: autónomos, amas de casa, parados, profesionais… e cun candidato cunha ampla experiencia no ámbito social e político. “Salvaterra enfrontase nas próximas eleccións á bancarrota económica, á paralización efectiva do proxecto da Plisan, a un urbanismo desfasado, fundado nunhas disposicións do ano 1993, conservadas para favorecer os intereses urbanísticos do centro de Salvaterra. A situación na que se atopa precisa dun candidato como o noso, que destaca pola súa rigurosidade”, destacan.

Fernández Piñeiro é coñecido por manter o encerro que durante 6 meses mantiveron algúns veciños da vila na propia casa do concello para protestar por “sete anos de conflitos veciñaisPrecisamos para o futuro de todos un equipo municipal que contribúa a sacar a Plisan da súa paralización, que ordene as finanzas públicas para que o concello sexa a solución, non o problema, que leve ó alcalde e os seus concelleiros polas parroquias para dar explicacións os cidadáns en público”, subliñan.

También te puede interesar