Ciencia y Tecnología Galicia

A ficción costumista ‘pirra’ aos galegos

Duvi/ Semella que todo o mundo sabe de televisión, pero realmente moitos non son conscientes da súa visión de negocio. Debido á necesidade de que os futuros titulados de Publicidade e Relacións Públicas si coñezan “o seu backstage”, Pepe Coira, produtor de gran percorrido no mundo do audiovisual en Galicia explica que “a televisión está moi presente na nosa vida e por iso sentímonos grandes expertos, pero o certo é que está moi ben dotada para finxir ser o que non é, e depende totalmente do que queiran os altos executivos”.

Para o productor, á hora de crear un proxecto, “sexa de entretemento, de ficción ou documental” hai que adaptarse ás esixencias que a canle marque, “realizando un produto que se axuste ás necesidades da grella televisiva”, sen esquecerse “do grande intermediario que son os propios executivos das televisión onde hai que desenvolver o que eles queren que se faga”. Así mesmo, aínda que desde fóra pode semellar que a elaboración dos contidos é o que máis peso acada no desenvolvemento dun produto, o certo é que “non se trata soamente de contar unha historia, hai que ter moi claros e definidos os medios que se van a empregar para contar esa historia”, resultando fundamental o equilibrio entre recursos e contidos.

Un dos mellores formatos que funciona entre a poboación galega é a ficción costumista, o que resulta “unha relación bastante extraordinaria e pouco común no panorama audiovisual español”. A clave atópase en que soen contar historias que teñen un alto grao de identificación co público xeral, resultando “un fenómeno no que nos reflectimos a nós mesmos”. Pero este éxito implica unha limitación pois “é difícil realizar seriais en Galicia que non exploten o das historias costumistas”, aclarou. Ademais das series de ficción, Pepe Coira tamén destacou o formato da serie documental, “moi pegada á realidade”.

También te puede interesar