RGPD - Cookies
Galicia

Os pinos, canto máis fósforo menos pragas

Premio á mellor tese de doutoramento de 2010 sobre temas forestais que concede a Sociedad Española de Ciencias Forestales. Xaquín Moreira Tomé, bolseiro do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, foi galardoado hoxe na Escola Técnica de Enxeñerías Agrarias de Palencia por unha tese que se centra na ‘Variación xenética e efecto da dispoñibilidade de nutrintes nas defensas constituíntes e inducidas de Pinus pinaster Ait (piñeiro)’.

A través da súa tese se demostra que, cando menos nas primeiras etapas de crecemento desta especie, a dispoñibilidades de fósforo ten efectos moi relevantes tanto na inversión en defensas propias e nas provocadas pola acción das pragas –neste caso polo curculiónido Hylobius abietis– coma nos custes vexetativos asociados á produción destas defensas. Debido a que a dispoñibilidade de fósforo é un factor principal na produtividade dos piñeiros e varía espacialmente na área de distribución destas árbores, considérase que o grao de disposición deste elemento é un factor esencial na evolución da resistencia e a tolerancia do piñeiro ao ataque dos insectos, así como un factor potencial para o mantemento da variación xenética nos mecanismos de resistencia e tolerancia.

También te puede interesar