Galicia

Máis de 2.450 millóns de euros para reducir á metade as víctimas na estrada

Diminuir o ratio de 88 falecidos por millón de habitantes aos 59 da media española. Ese é un dos obxectivos principais do novo Plan de Seguridade Viaria 2011-2015 que porá en marcha a Xunta e que contará cun orzamento de 2.450 millóns de euros e sete obxectivos estratéxicos: promover contornas urbanas máis seguras e mellorar o transporte público, conseguir condutas viarias seguras, mellorar a seguridade da estrada, protexer aos usuarios máis vulnerables, aumentar a investigación, apoiar ás vítimas e mellorar a colaboración entre administracións.

A cuarta comunidade autónoma en quilómetros de estradas, con 17.546 km,o plan inclúe 83 accións, o 54% delas novas, o 16% modificadas ou axustadas e o 30% do plan previo. O plan estará adaptado á dispersión poboacional de Galicia e á evolución do tráfico, acondicionando as travesías e estradas convencionais e sobre todo nos tramos de concentración de accidentes.

También te puede interesar