Vigo al minuto

‘Vigo’ deixa o niño

'Vigo' co seus grande amigo, o alcaldeFoise co vento. Non é Red Buttler, senon o voitre ‘Vigo’ que naceu en cautividade no VigoZoo, dentro do programa municipal de recuperación de especies, onde criouse ata este mércores, cando partiu cara a Mallorca para formar parte da campaña para a recuperación deste animal levado adiante pola Fundación para a Conservación do Voitre. Logo dunhas vacacións polas Illas Baleares, «Vigo» atopará o seu fogar definitivo en Bulgaria, onde convivirá con outros exemplares para preparalos para a liberdade. É a primeira vez que VigoZoo participa con éxito nun proxecto deste tipo con aves rapaces.

Nembargantes, non todo son parabens, o pasado día 2 a Asociación  Amigos da Terra denunciou que o a ave nunca voaría en liberdade xa que o equipo técnico do zoo domesticouno, “converténdoo nunha mascota e facéndoo irrecuperable para a súa liberación na natureza”. Segundo aseguraron os especialistas da desta asociación, “a súa situación é irrecuperable, xa que non identifica ao ser humano como un potencial perigo, máis ben ao contrario”, algo que achacaron a súa «educación en permanente contacto cos humanos, o que o condiciona para ver nas persoas unha fonte doada e segura de subministración de alimento”.

Con todo, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente, o proceso de cría no zoolóxico vigués segue adiante, xa que este ano está a piques de producirse un novo nacemento. Nesta ocasión vaise a intentar que sexan os propios pais quen alimenten á cría desde o primeiro momento. Nun primeiro momento retiróuselle o ovo para provocar a posta de reposición, que adoitan realizar estes animais cando perden o primeiro ovo. “Deste xeito estamos conseguindo duplicar as posibilidades de reprodución”.
Para iso substituíuse o ovo real por un falso, o que vai permitir realizar unha incubación artificial, controlada e moi efectiva, minimizando os riscos de rotura ou accidente que supón un proceso similar a cargo unicamente dos pais. Ao mesmo tempo, os pais seguen co seu proceso natural, crendo que están incubando un ovo real. Cando o primeiro ovo eclosione, será colocado no niño, retirando o ovo falso, para que os pais inicien o proceso de cría o cal evitaría a participación do home no proceso.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.