Comarcas Galicia

Os arranxos no Bouza Brey, en horario lectivo e tratando con amianto

Fai unha semana que o colexio Fermín Bouza Brey amenceu cun novo desperfecto: a cuberta do ximnasio deixa pasar a auga da chuvia, o que deixa a zona inutilizable en días de mal tempo e provoca que se estrague o chan. Pero os pais xa levaban tempo pedindo que se cambiara a cuberta do ximnasio, moi deteriorada polo paso do tempo.

O problema é que a cuberta do ximnasio, construído máis ou menos fai 40 anos, está feito de planchas de fibrocemento, o que comunmente coñecemos como “uralita” polo nome da marca comercial máis común. A manipulación deste material é potencialmente perigosa porque antigamente se utilizaba amianto na súa fabricación, produto considerado nocivo para a saúde polo que a partir do ano 2002 prohibiuse a súa produción, comercialización e instalación en España e regulouse o procedemento de actuación con este material nos casos de sustitución ou reparación.

A pesares diso, segundo denuncia Esquerda Unida de Ponteareas, a reparación estase a facer en horas lectivas, en presenza dos rapaces, o que os está a expoñer a entrar en contacto cun material nocivo para a saúde, ademáis de que «os traballadores que están manipulando o fibrocemento non o están facendo coas debidas medidas de protección». Os pais solicitaron á Xefatura Territorial de Educación e ao Concello de Ponteareas que se lles informara sobor destas labores e se as mesmas se  fan segúndo as normas establecidas, «sen que ninguén lles aclarara a situación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.