Comarcas Galicia

Os cogumelos do río Caselas, da terra ao libro

Recolle preto de 100 especies das máis de 200 que xa ten catalogadas na contorna do río Caselas, en Salceda. Oscar Requejo, veciño da vila e secretario do Grupo Micolóxico Galego vén de editar a ‘Guía Micolóxica do Río Caselas’, un manual para a prender e comprender o mundo dos fungos, de vital importancia na natureza e nos ecosistemas, polo que “é importante conservalos e protexelos”. Financiado polo Concello, o libro pasa a ser “o complemento perfecto” da Senda e o Parque Etnográfico dos Muíños do río Caselas.

Este é o primeiro libro sobre a micoloxía en Salceda de Caselas escrito por por un dos máis expertos na materia en toda Galicia. Con esta publicación pretendese dar a coñecer todos os cogomelos que habitualmente pódense atopar na contorna do río e poder catalogalos. Na beira do río os amantes dos fungos poden atopar os cogomelos mais habituais, pero tamén os máis raros, polo que hai que ter en conta non facer un mal uso deles, xa que nas últimas décadas sufriron constantes agresións ata o punto de que algúns están en perigo de extinción.

 

También te puede interesar