Vigo al minuto

Caballero: “As humanización xa chegan dende a Avenida de Galicia a Samil”

Eso asegurou alcalde no acto de inauguración da humanización da rúa Pi y Margall. Abel Caballero salientou que con estes dous quilómetros de lonxitude o espazo humanizado abrangue xa, practicamente “dende a Avenida de Galicia ate Samil” e que continuará en marcha “o proceso de transformación de todo Vigo”.

A actuación municipal, segundo explicou Caballero, tiña un quilómetro de lonxitude, máis de 13.000 m2 de superficie total e case 6.000 destes para beirarrúas. Ademais, como é habitual no proceder municipal, renovouse o alumeado público e instalouse papeleiras, bancos, xardineiras e arborado.

O alcalde fixo especial fincapé na renovación das redes soterradas de servizos, máis de cinco quilómetros de novas canalizacións entre as de augas pluviais, saneamento e abastecemento de auga potable. A este respecto, o rexedor apuntou que as anteriores tiñan décadas de antigüedade e eran “pura cochambre”.


 

También te puede interesar