Cultura Galicia

De roteiros pola historia da nosa costa

Os ‘Roteiros pola costa’ do Museo do Mar arrancan este domingo cos paseos pola historia e a natureza da costa viguesa guiados por historiadores, arqueólogos e biólogos que traballan no equipo do museo. A primeira ruta nace na Vila Real de Bouzas. Partindo da Alameda Suárez Llanos a visita percorrerá as rúas de vella raigame histórica e as arquitecturas de maior interese. Pero ademáis a visita servirá para valorar o pasado e presente industrial de Bouzas e a súa estreita relación co mar a través das factorías de produción de conservas e os seus asteleiros. A saída, ás 11 horas, non se cancelará aínda que chova.

 A rota continuará pola parroquia de Alcabre, onde se explicará a factoría de Salazón Romana, a Villae da Punta Do Fiunchal e a Villae Romana de Punta Borralleiro na Praia Do Cocho. Deterase tamén na Igrexa Parroquial de Santa Baia, do Barroco Tardío, coa súa Casa Reitoral e Cemiterio, e continuará polo Pazo de Sensat, as praias do Cocho e de Mourisca e o Castro da Punta do Muíño para chegar ao Museo do Mar de Galicia, onde remata o percorrido.

Os roteiros pola costa terán lugar durante todo o ano, unha mañán de domingo ao mes. As diferentes rotas darán a coñecer a historia da ocupación da costa e os cambios sufridos pola mesma, as claves para recoñecer as partes que compoñen o medio costeiro mais próximo e a flora e a fauna que rodea ao medio mariño que se está explorando. O 10 de abril será a quenda das marismas do Lagares e o 8 de mario do medio litoral. Para anotarse: inscribirse na web do Museo ou chamando ao número de teléfono de información do museo 986 247 691.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.