O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras de urbanización da circunvalación das Neves (PO-400). Esta actuación, que conta cun orzamento de máis de un millón de euros, ten un prazo de execución de 12 meses e beneficiará aos case 5.000 habitantes deste concello pontevedrés.
Por elo, os titulares cos bens e dereitos afectados, dende o predio nº1 ao derradeiro, deberán comparecer na Casa do Concello das Neves o vindeiro día 29 de marzo de 2011, entre as 10,00 e as 13,00 horas. Por outra banda, a relación de titulares e bens afectados estarán expostos en dito concello ourensán e no Servizo de Infraestruturas do Departamento Territorial de Pontevedra, situado na Avenida Fernández Lareda, 43-1º.
Actuacións
O principal obxectivo deste proxecto é o ensanche da actual vía, co fin de convertila nunha rúa de dobre carril, mellorándose así as condicións de seguridade vial dos servizos e características propias de rúa urbana; construiranse tamén beirarrúas; aparcamentos nun ou ambas marxes, segundo as circunstacias xeográficas e necesidades; canalizacións de saneamento, abastecemento e alumado viario, entre outros.
Esta actuación levaranse a cabo ao longo de 600 metros de lonxitude e contará con tres tipos de sección transversal. Unha delas terá dous carrís de 3,5 m. cada un, dúas beiravías de medio metro e dúas beirarrúas, unha de 2 metros de ancho e a outra de metro e medio. A segunda sección estará composta por dous carrís de 3,5 m., dous aparcamentos de 2,5 metros e dúas beirarrúas de dous metros; e, por último, a seguinte sección comporase de dous carrís tamén de 3,5 metros, aparcamento, unha beiravía de medio metro e dúas beirarrúas de 2 metros cada unha.
Para isto, será necesario facer unha escavación de máis de 7.400 m3; empregar máis de 4.000 toneladas de mezcla bituminosa en quente, 2.560 metros cadrados de loseta hidráulica para as beirarrúas; e colocaranse tamén o balizamento e defensas; a drenaxe lonxitudinal e transversal e a sinalización necesaria.
Máis cousas no concello das Neves
Por outra banda, neste momento a Xunta de Galicia, grazas a un convenio firmado polo conselleiro de Medio, Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, co alcalde das Neves, Emilio Castro Rodríguez, o 30 de decembro do pasado ano, está a traballar nas obras de mellora de seguridade vial na estrada As Neves-As Neves (PO- 415).
O obxectivo do proxecto é proceder á adaptación ao plan de baixa Intensidade Media Diaria (IMD) nesta estrada e, así mesmo, acondicionar a vía co fin de reforzar e mellorar a súa seguridade vial. A mellora integral desta estrada tamén coñecida como Variante das Neves, ao seu paso polo concello de As Neves é unha das actuacións máis salientables na provincia de Pontevedra.
O acondicionamento desta estrada mellorará substancialmente a seguridade vial da zona, posto que se -levará a cabo a construción de beirarrúas e aparcadoiros en determinados puntos, cos que se resolverán as carencias deste tramo. Ata o de agora, o vial carece incluso de beiravías e os cruzamentos de estradas teñen unha visibilidade que se debe mellorar, xa que xera riscos para os peóns que son os usuarios de servizos públicos existentes na zona, tales como o colexio e a praza de abastos.
A execución das obras levarase a cabo en dúas fases. Na primeira, no treito interurbano, realizarase unha renovación integral do firme, mentres que no treito urbano, realizaranse beirarrúas dun 1,8 metros a ambos lados da calzada e unha zona de aparcamento. Tamén haberá unha glorieta de dous carrís, de catro metros cada un e dúas beiravías dun metro cada unha.
Esta adaptación beneficiará aos veciños das vilas pontevedresas de Salvaterra de Miño, As Neves e Arbo, polo que darán servizo a máis de 17.480 habitantes.