Galicia

Fin de semana sen mortos nas estradas galegas

Facía semanas que as estradas galegas non vivían unha fin de semana tan tranquila. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu esta fin de semana de Entroido a 86 persoas por 63 accidentes de tráfico, a meirande parte deles ocorridos o domingo, con preto do 45%. Por provincias, Pontevedra foi a que máis siniestros tivo (29), seguida de A Coruña (23), Ourense (6) e Lugo (5).

Unha vez más o maior número de atendidos foron homes (66%), mentres que a maioría tiñan entre 20 e 39 anos (59%). En total, 74 dos feridos foron trasladados aos centros hospitalarios, catro foron levados a centros de atención primaria, 8 foron asistidos no lugar do sinistro e non requiriron traslado a ningún centro sanitario.

You may also like