Comarcas Galicia

A seguridade vial toma Covelo tralo peche dos túneles de O Folgoso

O peche dos tuneis de O Folgoso por mor da primeira parte do proxecto que cortou o tráfico e desviou a circulación pola N-120 nun tramo de 22 quilómetros está a xerar un aumento considerable do tráfico, sobre todo de transporte, que está a traer aos veciños de A Cañiza e a Lamosa, en Covelo, numerosos problemas de seguridade vial. A deputada nacionalista Olaia Fernández Davila levou ante o Ministerio de Fomento a petición de que se fixera caso ás propostas dos veciños, que apuntan a pór unha rotonda provisional, semáforos, bandas reductoras ou radares móbiles.

Mentres, o Ministerio tan só pechou a calzada esquerda da A-52, en sentido Vigo-Ourense, que durará até finais de xuño. O tráfico voltará a desviarse pola N-120 e pola N-559. Será para outubro cando Fomento realice a mesma actuación pero no túnel da outra calzada en sentido Ourense-Vigo.

Pola súa banda, o grupo municipal do BNG levou unha petición a pleno de concello para realizar varias actuacións na estrada N-120 recollidas entre os cidadáns, especialmente na parroquia de A Lamosa, para evitar serios riscos de accidente dado o aumento do tráfico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.