Galicia

A Xunta activa o programa de financiamento das PEMES galegas

pemesA Consellería de Economía ven de activar o programa ‘re-Solve+‘ que ten coma obxectivo fornecer as estructuras financieiras das pequenas e medianas empresas galegas e que, dende este ano, abrangue todas as actividades financieiras. Deste xeito, as PEMES poderán optar á financiación do circulante que precisen para o seu funcionamento mediante préstamos avalados ao cen por cen.

O programa servirá para a refinanciación de pasivos ou ampliacións de capital de xeito que o tecido empresarial galego poida acceder ao creto e mellorar a súa competitividade. Por medio do ‘re-Solve+‘, aberto á presentación de solicitudes ate o 15 de setembro, a Xunta disporá de 6,3 millóns de euros para facilitar a concesión de préstamos por entidades financieiras para cubrir operacións de ate 300.000 €.

También te puede interesar