Música y Cine

A alfombra vermella desprégase para Tosar este venres na presentación de ‘Novo Vigo Vello’, de Eduardo Rolland

 

 

 

O xenial actor lucense, Luis Tosar, é embaixador do Casco Vello de Vigo
O xenial actor lucense, Luis Tosar, é embaixador do Casco Vello de Vigo

Directamente dende os Goya e antes de viaxar aos Estados Unidos para promocionar a súa película, o lucense Luis Tosar estará en Vigo para presentar o documental ‘Novo Vigo Vello’, dirixido polo xornalista Eduardo Rolland. O tenente de alcalde anunciou hoxe que este venres o actor estará no pase que se fará no Centro Social Novacaixagalicia este venres, día 18, pase que repetirase o domingo 20 ás 12 da mañán no mesmo lugar.

Ademais destes dous pases, o documental achegarase aos barrios e parroquias de Vigo, porque non queremos que ninguén quede sen velo“, asegurou o tenente de alcalde. Tamén se farán pases de “Novo Vigo Vello” na sala “Vigofilm” do Centro de Recepción de Visitantes da Estación de Ría.

O documental xa foi enviado a máis de 10 canles de televisión e que nas vindeiras semanas continuará a súa distribución e, paralelamente “Novo Vigo Vello” entrará no circuíto de festivais. O tenente de alclade ndicou que o documental presentarase á Mostra Internacional do Documental Independente de Cádiz, ao Festival Internacional de Documental de Barcelona (Docúpolis), ao Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao e á Mostra Internacional de Patrimonio Arquitectónico de Madrid. No eido internacional, está previsto presentalo aos festivais de Kassel e Leipzig, en Alemaña; ao Festival Internacional de Documentais de Copenhague; en Francia ao Festival de La Rochelle; ao Festival de Documentais de Amsterdam; ao Festival de Sheffield, en Inglaterra; así como a certames en Milán, Lisboa e Bos Aires.

 

 

You may also like