RGPD - Cookies
Galicia

Tres mortos e un cento de feridos nas estradas galegas

As novas sobre mortes nas estradas galegas non nos deixaron descansar esta fin de semana, que se saldou con tres mortos e un cento de ferido nos 67 accidentes de tráfico nos que prestou asistencia 061 – Urxencias Sanitarias de Galicia. O día que máis sinistros se produxeron foi o sábado, con 25 accidentes, dous deles mortais ao falecer un home ao caer ao río Parga en Lugo e outro tras un choque fronto-lateral en Abegondo.

Por provincias, de novo Pontevedra foi a que máis accidentes rexistrou, con 29, seguida de A Coruña (24), Lugo (8) e Ourense (6). Entre os atendidos, o 63% eran homes, mentres que o 43% tiña entre 20 e 34 anos. Ademais dos falecidos, 76 dos feridos foron trasladados a centros hospitalarios, 8 a centros de atención primaria e 14 foron atendidas no lugar do sinistro ou non precisaron traslado.

También te puede interesar