Comarcas Galicia

Salceda pásase ao cableado de aluminio para evitar roubos

Evitar os roubos de cobre. É o que pretende o Concello de Salceda de Caselas coa substitución do cableado de alumeado público de cobre polo de aluminio, un cambio que se vai producir en varias fases segundo a dispoñibilidade económica das arcas municipais. Na primeira tanda substituiránse 7 quilómetros en zonas onde os ladróns xa deixaron sen alumeado aos veciños, sobre todo no rural: Entenza, Budiño, Soutelo e Parderrubias serán as primeiras parroquias en beneficiarse do cambio, xa que son as zonas nas que máir furtos houbo.

Trátase dunha «solución a curto prazo, xa que o prezo do aluminio é considerablemente inferior ao do cobre e moito máis difícil de fundir para vender», segundo explicou Fortunato Álvarez, concelleiro de Vías e Obras. O concello pide aos cidadáns paciencia con estes cambios, que se desenvolverán no periodo máis breve de tempo posible. Con esta iniciativa o Goberno municipal trata de que nestes tempos de crise os investimentos que se fagan na localidade non sexan roubadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.