
A Xunta de Galicia activará este xoves a alerta vermella por calor no interior da provincia de Pontevedra, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde.
Ademais, manterase activa a alerta laranxa no litoral de Pontevedra e a alerta amarela no suroeste da Coruña e na montaña de Ourense.
A previsión é que o episodio de calor continúe durante os próximos días, polo que as alertas permanecerán activas mentres persista o risco de efectos adversos para a saúde.
Según el pronóstico de MeteoGalicia para este jueves, 2 de julio, continuaremos con influencia anticilcónica sobre Galicia con circulación del nordeste. Con esta situación, se espera tiempo seco y soleado en general. Vientos del nordeste moderados, con intervalos fuertes en el litoral noroeste. No se esperan cambios en las temperaturas mínimas, pero las máximas subirán y en el área Metropolitana de Vigo llegarán a 34 grados en Vigo, O Porriño, Salceda, Salvaterra y Redondela; 33 en Mos, Soutomaior, Pazos de Borbén y Gondomar; 32 en Moaña, Cangas Nigrán y Baiona; 31 en Fornelos. |
Suspéndese o deporte ao aire libre
Como consecuencia da alerta vermella, a Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, acordou suspender este xoves toda a actividade deportiva federada e o programa Xogade ao aire libre no interior da provincia de Pontevedra, entre as 12.00 e as 20.00 horas.
No caso das Rías Baixas, onde estará activa a alerta laranxa, tamén se suspenderá a actividade deportiva federada e o programa Xogade ao aire libre entre as 12.00 e as 18.00 horas, coa única excepción dos deportes náuticos e acuáticos federados.
A medida busca evitar riscos para a saúde derivados das altas temperaturas, especialmente durante as horas centrais do día, nas que se prevén os valores máis elevados.
As autoridades recomendan limitar a exposición ao sol, manter unha boa hidratación e evitar realizar esforzos físicos intensos ao aire libre durante as horas de maior calor.
OUTRAS NOVAS
- Povisa estrena nueva resonancia magnética, que ya funciona a pleno rendimiento
- Más de 40 artistas toman el Centro Comercial Gran Vía durante cuatro días, con un mercado de arte y creación
- Ya puedes apuntarte a la marcha contra el cáncer, que recorrerá Vigo el 18 de octubre
- El Concello asegura que A Punta ha recuperado la «calidad excelente» del agua y vuelve a recomendar el baño
- Balaídos avanza en la nueva grada de Gol con el cuarto tramo de la estructura de la cubierta





