RGPD - Cookies
Galicia

Máis de 800 nenos mergullaranse nas Illas Atlánticas

Uns 800 alumnos de 24 centros de ensino de concellos situados no entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia durante 2011 no programa educativo “Mergullándose nas Ilas Atlánticas”, que se porá en marcha entre marzo e maio para difundir entre os estudantes os valores naturais deste espazo e que se impliquen na súa protección e conservación.

Dirixido a alumnos de 5º de Educación Primaria de colexios de Cambados, Cangas, Marín, Moaña, Nigrán, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vigo, a iniciativa súmase ao programa “Coñece as Illas Atlánticas”, dirixido neste caso aos alumnos de Educación Secundaria. Ao longo deste mes de febreiro guías do propio parque desprázanse aos centros públicos e concertados pertencentes aos catro municipios da área de influencia socioeconómica do espazo protexido (Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira) para levar a cabo diferentes actividades divulgativas.

También te puede interesar