Destacados Vigo al minuto

Máis de 37.000 euros diarios en axudas sociais

Plan Concertado, libranzas de Dependencia e Axudas de Emerxencia Social deixaron en Vigo o ano pasado preto de 13,6 millóns de euros procedentes da Xunta, según informa a administración autonómica nun comunicado. A meirande parte do investimento realizouse no plan de libranza dos coidadores de dependentes, con case 6,5 millóns de euros e permitiu atender a 290 usuarios e permitir 1.376 libranzas.

Outros 5,3 millóns de euros foron para RISGA e AES, dos que se beneficiaron 1.892 persoas en risco de exclusión social. Mentres, o plan de mellora e mantemento dos servizos sociais básicos dos concellos, cun 1,7 millóns de euros, que no 2010 fixo especial fincapé nas axudas no fogar a persoas dependentes e co que se contrataron a 18 traballadores sociais, un técnico de grao medio, 3 de grao superior e 5 auxiliares administrativos.

También te puede interesar