Comarcas Galicia

Na Avenida de Vigo, as beirarrúas non son de todos

Unha varanda en condicións precarias corta o paso aos peóns nun anaco da beirarrúa na Avenida de Vigo de Chapela. Todo por mor dunhas obras de edificación no terreo lindeiro que levan tempo paralizadas e que limita e dificulta o tránsito dos cidadáns. O PP de Redondela pide agora que o goberno redondelá non faga oídos xordos e restableza o uso público da beirarrúa «ante a ausencia de toda actividade construtiva no inmoble», como explica Teresa París, secretaria de Comunicación do PP.

Os populares piden que se adopten medidas de seguridade oportunas para evitar o dano ás persoas e ao proio inmoble, se libere a beirarrúia da varanda e se restableza o tránsito con normalidade xa que «unha solución limitada no tempo e que debería preverse univamente para garantir o tránsito peonil durante a execución das obras de construción se prolongan no tempo con carácter indefinido nun estado precario e sen reunir as medidas de seguridad oportunas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.