Destacados Nacional

Máis de 9.200 vigueses teñen máis que auga

Non leva nin dez días aberto e xa funciona a pleno rendemento. O complexo de auga de Barreiro fixo durante a súa primeira semana de vida 4.200 abonados, que xunto cos outros 5.000 do complexo de Coia-Florida fan máis de 9.200 inscritos para usar as instalacións ou participar nalgunha das actividades deportivas que organizan.

Barreiro está dotado con dúas piscinas, unha de aprendizaxe e outra de natación, unha zona de spa urbán, 2 pistas de pádel, 700 metros cadrados de sala de cardio, máis de 100 postos na sala de fitness, 5 salas para actividades deportivas, unha sala de ciclo-indoor e un solarium exterior. Todo por un prezo que vai desde 30 euros do abono individual adulto ata os 5 por persoa no abono familiar.

A estas instalacións hai que sumar o polideportivo e campo de fútbol de Navia, a zona deportiva anexa en Barreiro e un novo pavillón en Candeán, que comezará a construírse en breve. En total, un investimento de preto de 26 millóns de euros nos últimos catro anos.

Te podría interesar