Comarcas

O candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas aposta, na súa presentación, pola creación de emprego no concello

 

16_ Ponteareas 2011O BNG presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións do vindeiro mes de maio nun acto no Restaurante Ponteareas que contou coa participación do Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e presentado polo exportavoz nacionalista en Ponteareas, Roberto Mera. Xosé Represas, o candidato á Alcaldía de Ponteareas polo BNG, comezou a súa intervención resaltando a necesidade dun novo goberno local para renovación que precisa Ponteareas, “agora é o momento de deixar atrás o pasado, a incompetencia, a incapacidade dun goberno sen ideas nin proxectos, agora é o momento de contar con toda a xente nova que está desaproveitada para que Ponteareas sexa un concello galego e europeo moderno” asegurou Represas.

O candidato nacionalista expresou un compromiso claro coa creación de emprego. “É necesario apoiar –e moito- a quen pode crear máis emprego a curto prazo; o comercio local e as pequenas empresas”. Represas asegurou que o goberno do BNG “orientará o investimento do Concello para xerar emprego e riqueza” para contribuír a combater a crise.

Na presentación da candidatura interviron os candidatos e candidatas que acompañaran a Xosé Represas nos primeiros postos da lista nacionalista, Bolívar González, Berta Chivite, Serxio Covas, Hortensia Bautista e Nemesio Boente. O candidato máis xove, Serxio Covas centrou a súa intervención na frustración da xente moza co goberno do PP “Ponteareas non conta con ningún tipo de política para a xente nova, os máis de 6.000 mozos e mozas, a mellor xeración da historia, a máis preparada, está desaproveitada” Serxio Covas apostou por “un novo goberno que conte coa creatividade, imaxinación, capacidade e innovación da mocidade, un goberno con iniciativas para favorecer o emprego e novas oportunidades”

Represas destacou na súa intervención as liñas básicas do programa de goberno do BNG, explicando os compromisos de cambio e xestión política para o futuro centrado nas prioridades de Ponteareas

Outra das grandes prioridades do goberno do BNG será solucionar a grave situación do ensino, polo abandono do mantemento dos centros e a necesidade dun novo CEIP pola masificación de todos os centros do núcleo urbano. “Poñeremos a disposición da Xunta os terreos para un novo centro de infantil e primaria, utilizarei todas as potestades da alcaldía e do Goberno para comprometer á Consellaría”, foron as palabras de Represas para destacar o compromiso do BNG co ensino e engadiu; “traballaremos intensamente para mellorar as instalacións educativas existentesUniremos a toda a sociedade para desbloquear o Parque Empresarial que a Xunta paralizou, Ponteareas ten que aproveitar a súa situación xeográfica, non podemos seguir perdendo oportunidades por non contar con chan industrial”  Suprimiremos os recibos de contribución –IBI- das fincas nas que non se pode construír. comprometémonos a realizar unha revisión catastral xusta para evitar os agravios actuais” foi outro dos compromisos expresados por Xosé Represas con respecto a situaciòn provocada pola escandalosa suba da contribución no rural.

Tamén figura entre as prioridades do BNG, contar cun Plan de Urbanismo consensuado e ao servizo do interese xeral que remate co caos e a inseguridade xurídica na que o PP situou o urbanismo de Ponteareas na última década. Represas apuntou a necesidade de modernizar a xestión do concello para atender á cidadanía e contar cunha administración áxil e eficaz, “a administración local ten que dar solucións, non poñer atrancos aos veciños e veciñas, ganas e coraxe para esta tarefa non nos van faltar” afirmou o candidato nacionalista

También te puede interesar