RGPD - Cookies
_agenda Agenda

A alma se esconde no centro de Vigo

Se estás infectado, naces sen alma, do susto escondeuse baixo terra e carga cun terror atávico que fai que te ailles por completo. É o mal da teta asustada, unha enfermidade que se transmite polo leite materno de mulleres maltratadas durante a época do terrorismo no Perú, e eixo do filme ‘La teta asustada’, que hoxe (18 h) proxéctase no Centro de Documentación Feminista (rúa Joaquín Yáñez) dentro do videofórum organizado pola Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo.

Na película, Fausta, a protagonista, esconde algo máis, garda un segredo que non quere revelar, ata que a súbita morte da súa nai desencadeará feitos inesperados que transformarán a súa vida e a doutros.

También te puede interesar