Cultura Vigo al minuto

3.000 euros por conocer o medio mariño

M. del Río/Duvi/ Campus do Mar procura a excelencia percorrendo todos os camiños posibles e fomentando tamén a innovación e a calidade entre o alumnado. Con esta finalidade se puxo en marcha o Premio Marine Inova, que recoñecerá aos mellores proxectos no eido das ciencias e tecnoloxías mariñas. Os 3.000, 2.000 e 1.000 euros de dotación económica para os tres mellores traballos veranse complementados con unha oportunidade única para os estudantes, a posibilidade de realizar prácticas nas empresas patrocinadoras do premio, Marine Instruments e Inova, Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica.

Esta galardón valora a orixinalidade, o desenvolvemento tecnolóxico, a eficiencia do deseño e sobre todo a innovación do proxecto, que debe estar focalizado cara aquelas tecnoloxías que teñan aplicación directa ao medio mariño, á exploración sostible dos seus recursos e á súa utilización segura para o home e respectuosa para a súa conservación. O único requisito para participar neste concurso é ter menos de 30 anos e cursar estudos de grao, posgrao ou doutoramento en calquera das titulacións que se imparten nas universidades parceiras do Campus do Mar que queiran desenvolver un traballo relacionado coas ciencias e tecnoloxías mariñas.

O prazo de preinscripción remata o vindeiro venres 28 de xaneiro mentres que o de presentación dos traballos estará aberto ata o 12 de maio, ambos trámites a través da páxina web do Campus do Mar. O xurado fará unha preselección das candidaturas presentadas e comunicará o resultado da mesma aos interesados antes do 31 de maio de 2011. Os candidatos preseleccionados presentarán persoalmente o seu proxecto no transcurso dun acto que se celebrará o 10 de xuño na Univesidade de Vigo, dispondo cada un deles de 20 minutos para expor o resultado ao xurado.

También te puede interesar