Deportes Destacados

As mulleres dan o golpe

Unha concentración de preto de 10 días cun combinado marroquí composto de deportistas de moi alto nivel para preparar o Campionato de España. A selección galega de combate absoluta feminina iniciará mañá unha concentración no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra cos mellores deportistas para estar a punto para unha competición para a que aínda non hai data. É o relevo da selección masculina, que a semana pasada traballou con deportistas de Portugal.

O combinado de Marrocos estará composto por algunha das mellores deportistas, todas situadas nos primeiros postos do ranking da Federación Mundial de Taekwondo. Ademais, tamén participarán na concentración dúas deportistas belgas: Maryam Ismaili e Luna Flores, que chegan xunto ao adestrador Moustapha Akhouh.

A selección galega que participa nesta concentración está formada por deportistas xa consagradas a nivel internacional e novas figuras que veñen apertando forte: Laura Lorenzo (Tao), Miriam Docampo (As Sport), Marta Iglesias (Patiño) por primeira vez na selección, a campiona de España universitaria Nazaret Tilve (Do Yang), Lucía Ferrari (Patiño), Andrea Rica (Tao), Katia Calvar (Mat´s), a tamén campiona universitaria Fani Hernández (Natural de Ribeira), Xisela González (Do Yang), Lúa Piñeiro (Olimpic), Lara Ouviña (Natural), Cristina Baena (Mace Sport), Sara Baños (As Sport) e Carla Balado (Mat´s).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.