Comarcas

Nais e pais do Mestre Ramiro Sabell de Ponteareas manifestaranse o venres para demandar un novo centro

colegioOs membros da Anpa A Pena do Equilibrio veñen de facer un chamamento a toda cidadanía de Ponteareas a apoiar a manifestación ‘Por un novo CEIP’ . Segundo denuncian, dende fai anos os centros ven como as prazas ofertadas para os cursos de infantil no atenden a toda a demanda, “compre lembrar que o Ceip Mestre Ramiro Sabell fai só tres anos que inaugurou a ampliación destinada a cubrir o exceso de demanda de prazas que había no Concello, a día de hoxe xa comeza a estar cos cursos de infantil ata os topes mostrando indicios de masificación“.

Os nais e pais de alumnos denuncian que “os centros de ensino non son aparcadoiros onde deixamos os nosos fillos para poder ir a traballar, son os centros onde xunto coa educación paternal vai encamiñar o futuro dos mais pequenos“, e lembran que as clases vense de impartir nos pasillos e comedores do centro.

Asimesmo, indican que o Concello ten que establecer prioridades nestos tempos de crise e critican que en troques de ocuparse da mellora da educación os responsables locais prefiran gastar os cartos públicos en optar a unha etapa da Volta Ciclista a España, por todo o cal fan piden aos veciños e veciñas que se unan á manifestación o vindeiro venres, día 21.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.