Galicia

Dous vigueses, premio extraordinario de Bacharelato

Unha media superior a 8,75 puntos nos dous cursos de Bacharelato. É o que obtiveron os 19 estudantes agasallados cos premios Extraordinarios de Bacharelato do curso 2009/10, entre os que se atopan dous estudantes de Vigo: Pedro Viaño, do Santiago Apóstol, e Alba Rodríguez, do IES Álvaro Cunqueiro.

Unha convocatoria na que os galardonados (9 estudantes da Coruña, 5 de Pontevedra, 3 de Lugo e 2 de Ourense) percibirán unha gratificación de 1.000 euros como premio económico ao seu traballo e esforzo. Todos estes alumnos superaron probas específicas en novembro para obter o premio, nas que tiveron que realizar unha análise e comentario crítico dun texto de carácter xenérico, histórico, filosófico ou literario, así como respostar a preguntas xerais, realizadas sobre un texto na lingua estranxeira que tiveran cursado como materia común no bacharelato. Tras isto debían desenvolver temas relativos ás materias que cursaran durante o bacharelato. Os gañadores foron aqueles que obtiveron a máxima puntuación entre as dúas probas.

Tras este recoñecemento ao seu esforzo os gañadores terán a posibilidade de presentarse aos premios de Nacionais de Bacharelato que se celebraran no mes de abril de 2011.

También te puede interesar