Cultura Destacados

Cunqueiro e familia no centenario do seu nacemento

Enseño e liberdade creadora son as insignias dun escritor cunha ampla traxectoria literatia que “fixo tanto pola nosa cultura e que mergullándose no seu legado literario e xornalístico supón hoxe unha experiencia tan entretida como edificante”. Galicia quere celebrar por todo o alto que ano do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro, e farao cun amplo programa de actividades, entre os que haberá un recital poético de Amancio Prada, unha exposición itinerante polas principais cidades galegas, unha xornada literatia, unha montaxe teatral e diversos actos literarios en Madrid e Barcelona.

Todo para festexar o centenario do nacemento dun artista rodeado sempre de maxia e misterio acentuada pola súa capacidade para fabular e fantasiar, coas que foi capaz de “debuxar coas palabras nas Crónicas do Sochantre a Bretaña francesa sen antes visitala”.

También te puede interesar