RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

A Xunta contratará a 15 investigadores durante tres anos

Serán investigadores con carreiras consolidadas que se incorporarán ao Sistema Galego de Innovación a través do Programa Isidro Parga Pondal, polo que se contratará durante 3 anos a 15 doutores que teñan acreditada unha formación investigadora en organismos científicos estatais ou estranxeiros. Cun orzamento de 1,3 millóns de euros, as universidades galegas recibirán unha axuda bruta de 34.200 euros por traballador para os custes laborais do primeiro ano, mentres que deberán cofinanciar o 10 e o 20% dos contratos nos anos vindeiros.

Os candidatos deberán ter obtido o título entre os anos 2000 e 2008 e ter realizado estadías de investigación posdoutorais fóra de Galicia durante un mínimo de 24 meses.

También te puede interesar