RGPD - Cookies
Galicia

Beiras ameaza con facer as maletas

beirasFíxoo na clausura da III Asamblea de Encontro Irmandiño, unha corrente do BNG do que Xosé Manuel Beiras é o líder e no que a corrente crítica comezou os debates para constituirse como partido político dentro do Bloque Nacionalista Galego, un proceso que rematará nunha nova reunión o vindeiro 19 de febreiro. Beiras aproveitou a tribuna para deixarlle claro ao actual líder do BNG, Guillerme Vázquez, que se non se dota á federación dun modelo interno de democracia horizontal e se deixa de estar «ao servicio do aparato» o Encontro desvincularase de xeito definitivo.

O antigo portavoz do BNG quixo deixar claro que o partido precisa unha fonda reforma trala saída de Quintana, que conlevaría medidas como abrirse a todos os que están dentro do frente, cun nacionalismo emancipador que incorpore as visións dos traballadores e moverse ao ritmo da sociedade para que a corrente crítica siga formando parte do Bloque Nacionalista Galego.

También te puede interesar