Cultura Destacados

O poder obreiro en Venezuela, a debate en Vigo

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galicia organiza esta tarde (20 horas) no auditorio local da CIG en Vigo a conferencia “Venezuela, revolución e poder obreiro”, na que se contará coa intervención de Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do dixital venezolano Aporrea.org e activo integrante do Partido Socialista Unificado de Venezuela (PSUV), quen palestrará sobre as medidas que naquel país latinoamericano se están a impulsar en relación ao denominado “control obreiro” na esfera produtiva. Trala súa palestra abrirase un coloquio entre o público asistente.

Gonzalo Gómez Freire, con nacionalidade galego-venezuelana é psicólogo de profesión cunha mestría na especialidade de psicoloxía clínica. Prestou servizo de psicoloxía en institutos públicos de educación especial desde 1976. Foi profesor no Instituto Pedagógico de Caracaspor varios anos na área de Educación Especial. Investigador, Asesor e Educador Social na área de Dereitos dos Nenos, Nenas e Adolescentes. Investigacións publicadas sobre Nenos desamparados, en mendicidade e Nenos Traballadores. Coordinador de programas de formación e de atención dirixidos a nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, aplicados en comunidades populares. Foi facilitador da Universidade Nacional Experimental Simón Rodríguez (CEPAP) por varios anos.

También te puede interesar