RGPD - Cookies
Cultura Galicia

A Biblioteca de Gaiás, o agasallo de Reis para os galegos

Foron moitos anos de obras, pero o ano novo chega co Arquivo e a Biblioteca de Galicia baixo o brazo. Trala inauguración oficial o vindeiro martes, as instalacións abrirán as súas portas o 12 de xaneiro de 3 a 20 horas todos os días da semana de xeito ininterrumpido. O edificio, situado na parte rematada do complexo da Cidade da Cultura, permitirá aos usuarios acceder ao recinto a pé, en coche ou en bus con acceso libre.

Para os máis sibaritas, visitas guiadas de 08:30 a 14:30 horas de luns a venres e exposicións (nestes intres ‘Peter Eisenman. A Cidade’, ‘Espacios propios’ de Candida Höfer e ‘Exlibris Gallaeciae’) para visitar todos os días de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

También te puede interesar