Deportes Galicia

Galicia, no ranking mundial de taekwondo

A viguesa Estefanía Hernández, no ranking.
A viguesa Estefanía Hernández, no ranking.

Potencia mundial de taekwondistas. A WTF, a Federación Mundial de Taekwondo, acaba de publicar o ranking mundial 2010 no que 9 galegos aparecen entre os 50 mellores. Este ranking recolle as puntuacións dos campeonatos do mundo, continentais, universitarios e opens homologados pola WTF, e nesta ocasión 14 galegos consiguen coarse entre os 100 primeiros nas súas respectivas categorías.

Estefanía Hernández e Andrea Rica ocupan os postos de honra: Hernández acada o cuarto posto polos resultados do Campionato do Mundo (3ª), Campionato de Europa (3ª), Copa de Europa (1ª), Campionato do Mundo Universitario (3ª), Open de Alemania (2ª) e Copa do Mundo por equipos (finalista); mentres Rica saca un sétimo posto grazas aos seus logros no Campionato do Mundo (3ª), Campionato de Europa (3ª), Copa do Mundo por equipos (finalista) e Open de Alemania (1ª).

Séguenlle á zaga Rebeca Mariño, Lúa Piñeiro e Laura Lorenzo, que ocupan os postos 28, 32 e 38, respectivamente, polas súas actuacións nas competicións internacionais de referencia durante o ano 2010 a  pesar de que a Federación Española no permitiu a participación da campiona de España, Piñeiro, na Copa de Europa, restándolle a posibilidade de ascender no ranking.

Na categoría masculina a presenza galega é de nove  deportistas entre os 100 mellores do ranking, catro deles entre os 50 primeiros clasificados. Algunhas lesións que impediron a participación dos galegos máis punteiros nos eventos de 2010 relegaron a Raúl Bouzas, José Fernández e José A. Carregal ós postos 39, 44  e 61 respectivamente.

A mellor posición no ranking obtívoa Javier Sieira co posto 36 pola súa magnífica actuación no Open Británico. Gerardo Ortiz, Fernando Rascado, Borja Ríos e Pablo Carou continúan a lista de galegos entre os 100 primeiros do mundo ocupando os postos 47, 65, 73 e 96 respectivamente.

É salientable que o veterano Miguel Cortegoso, cos corenta cumpridos e tras unha tempada con lesións que lle impediron brillar ó nivel que desexaba, estea presente no ranking no posto 134. Pola súa banda, José Antonio Andrade ocupa o posto 116, un deportista moi novo que está amosando o seu gran potencial.

También te puede interesar