Deportes Destacados

Este Nadal entre canchas estivo o xogo

Os participantes no sexto Campus de Inverno do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia.
Os participantes no sexto Campus de Inverno do Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia.

Nadal entre canchas de baloncesto para reforzar o traballo de técnica individual dos xogadores. Con esta idea abriu o VI Campus de Inverno 10 ‘Xornadas de Tecnificación’ organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia que se celebrou tanto nas instalación do Colexio Seis do Nadal como do Illas Cíes. En total, 80 participantes que puideron traballar desde o ataque ata as saídas, paradas, pases, dribling ou mecánica de tiro.

Adestradores e monitores do clube foron os encargardos de impartir parte das sesións, que compartiron co adestrador e coordinador do GD Gafanha portugués, Carlos Martínez, ou co preparador físico do clube vigués, Pablo Sanchez. Ademais, os xogadores do campus puideron gozar da visita de Tamara Abalde, profesional da Liga Feminina cunha dilatada carreira ao lombo, entre a que figura a participación nos Xogos Olímpicos de Pekín.

También te puede interesar