Comarcas Galicia

Salvaterra pide medidas para non asumir os custes da praga do pino

Xa pasou máis dun mes dende que se detectara a praga forestal que afecta directamente ás masas arbóreas das parroquias de Leirado, Lira e Meder, en Salvaterra, e as medidas tomadas pola Xunta, como a eliminación de todas as árbores nun radio de 1,5 quilómetros arredor do foco e os árbores mortos nun radio de 20 quilómetros e a paralización da actividade madereira nunha zona de coarentena, non convence aos veciños.

Segundo reclama o Partido Socialista da zona, os veciños asumiron unha carga económica de algo que non son responsables e a Xunta debeu “tomar medidas para que afectara o menos posible ás propiedades dos veciños, conter expresamente a indemnización de aqueles danos e permitir que os propietarios poidan optar entre vender a madeira ou cederlla á Xunta previo pago”. Os socialistas consideran que a Resolución da Xunta é incompleta xa que non fala de indemnizacións nin de medios e procedementos específicos cos que combater a praga.

También te puede interesar