Comarcas

Un graduado social de longa traxectoria, novo candidato nacionalista á Alcaldía das Neves

Xosé M. Rogríguez Méndez opta á alcaldía das Neves.
Xosé M. Rogríguez Méndez opta á alcaldía das Neves.

Unha candidatura renovada cun graduado social con 20 anos de profesión e vencellado aos movementos políticos da contorna do BNG dende hai ano será a proposta nacionalista de cara ás eleccións municipais de As Neves. Xosé M. Rodríguez Méndez , actual portavoz municipal do BNG das Neves, loitará pola chegada a un concello «que necesita xa cambiar a alcaldía, é unha opinión moi estendida».

Casado e con dous fillos, este profesional liberal de 45 anos asegura que está «preparado para asumir ese cargo e esa responsabilidade tan grande, xa que As Neves está agonizando, perde poboación, redúcense os ingresos, as parroquias senten o abandono do goberno municipal, non hai participación cidadá na toma de decisións, as inversións fanse sen contar coa opinión dos veciños… é un concello triste, ao que lle roubaron a ilusión».

O emprego, os servizos públicos e o remate das obras da Plisan tras pagar os terreos e os recursos mineiros serán as súas máximas nesta campaña.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.