Vigo al minuto

Oporto, Vázquez Varela ou Martínez Garrido, en humanización dende xaneiro

Humanización/Tresyuno ComunicaciónA Xunta de Goberno Local aprobou hoxe oito proxectos de humanización de rúas por valor de 4,2 millóns de euros, correspondentes ao orzamento municipal de 2010. As mesmas empezarán a mediados de xaneiro, unha vez rematen as obras actuais, e abranguen Mestre Montes, Oporto, a rúa Pino, o primeiro tramo de Martínez Garrido, Couto San Honorato, Asturias e Vázquez Varela, ademais da pasarela ecolóxica que unirá o monte de A Guía coa ETEA.

A elas haberá que sumar as que están previstas nos orzamentos municipais para 2011 e que corresponden a outros 23 viais, prazas e rúas.

También te puede interesar